axenda cultural

Dous días de festa en Saumede

saumede
photo_camera Un dos concertos das edicións anteriores do festival.
A Asociación El Pueblo Saumede organiza este venres e sábado unha nova edición do Festival ao Compaz, no que as actuacións son gratuitas e hai prezos populares na comida

Moita música, comida e máis dunha sorpresa é o que se atoparán os asistentes a novena edición do Festival ao Compaz que ten lugar na aldea de Saumede, en A Bola.  

O evento, organizado pola Asociación El Pueblo Saumede e que ten dous días de duración, arranca esta tarde cunha intensa actividade musical. Trifulca, Elba, Las Cruzes, Yurak Walla e o DJ Bibax serán os encargados de abrir esta nova edición dun festival polo que non hai que pagar por disfrutar das diferentes actuacións. 

Mañá abrirán a xornada o grupo Kondios, que porán o ambiente musical da sesión vermú na que se poderá degustar o novo cóctel de Saumede. Pola tarde subirán ao escenario Señor Anido, Carlos da Aira, Mundo Prestigio, Mounqup e os DJ's Tristón, CosmonautC e Teresa.

Dende o festival destacan que terán "bebida e comida a prezos populares" e cunha "zona de acampada e de aparcamento gratuitos". Servizos que fan máis cómodo acudir a esta cita do calendario de festivais da provincia. n

Lugar: Aldea de Saumede. A Bola

Data e hora: venres, 16 de agosto, ás 19,00

Te puede interesar