AGENDA CULTURAL

Edición de serán da radio comunitaria

20190703214623974_result
photo_camera O programa Radio Liverdade, nas escaleiras do Museo Arqueolóxico en Ourense na pasada edición.

Diferentes colectivos culturais e sociais ourensáns explicarán por quendas a súa labor e reivindicarán o seu papel na Radio Liverdade, dentro do VeránEArte

O grupo de asociacións e colectivos culturais de Ourense, dentro do espazo VeránEArte, organiza unha xornada na que os micrófonos e a temática de actualidade sae á rúa. Os protagonistas do evento serán os locutores e colaboradores de Radio Liverdade, que dende as escaleiras do Museo Arqueolóxico, situado a carón do Concello, invitarán á cidadanía a unirse ao mundo da comunicación. 

Emilio Rodríguez, un dos colaboradores, explica que "pasarán diferentes colectivos para explicar en primeira persoa a súa actividade en Ourense". En formato tertulia, engade que "o guion será por quendas na que cada un exporá a súa realidade". A diversidade sexual, o coidado e a protección do medio ambiente con colectivos representativos, así como a situación do comercio local en Ourense, a loita feminista, a prevención das enfermidades sexuais ou a tradición da Bela Auria serán algúns dos temas que se abordarán. 

A poesía terá o seu espazo nesta tertulia radiofónica, xa que como avanza Emilio Rodríguez,  "as representantes de Guerrilla Poética farán un recital poético en directo".

Te puede interesar