AXENDA CULTURAL

A escravitude do reino animal

dfibdfbxfg
photo_camera Un dos cadros seleccionados por Cerviño para "Animais en perigo de extinción".

"Animais en perigo de extinción" é unha  exposición de Xosé Vilamoure que conforma unha crítica á faceta destrutora do ser humano na súa relación coa fauna

A sala AlterArte do Campus propón a diferentes artistas e comisarios para expoñer no seu espazo. Estes días é a quenda de Xosé Vilamoure e a súa colección "Animais en perigo de extinción". Unha mostra comisariada por Ángel Cerviño –"a quen coñezo desde fai anos e seleccionoume esta serie de pinturas do 2008", di o artista–, que se pode ver ata o día 16 de novembro.

"Animais en perigo de extinción" compóñena 11 cadros -dunha serie completa de 70 unidades- onde Vilamoure trata de "buscar a relación de claro perdedor que ten o animal fronte ao home". Por iso, dota a un lémur, un antílope ou monos de caractarísticas humanas, pero "cunha relación tan pouco igualitaria con eles por culpa do noso poder destrutor", reflexiona Vilamoure. Ademais dos cadros, hai unha serie de 88 figuras de barro de diferentes exemplares do mundo animal, que aparecen "pouco feitos, difuminados, para que se sinta esa fraxilidade que sofren".

Os cadros están realizados empregando diferentes técnicas, desde a base con esmalte acrílico, ata o óleo "na faciana dos animais, porque é máis manexable e impactante". Os animais están presentes nas obras de Vilamoure desde que comezou a pintar con 17 anos, sempre como "ocultamento da realidade". Pero o certo é que a súa gama temática á ampla: desde habitacións a retratos, como os da Serie Taschen que hoxe presenta na galería Visol, ás 20 horas.n

Lugar: Sala AlterArte do Campus   

Horario: de 9 a 21 horas (L-V)

Te puede interesar