Axenda Cultural

Rock e diversión coa Noite Fechada

20180803221403203_result
photo_camera Gustavo, Nolo, Carmelo e Matías son Noite Fechada.

Nado a camiño entre Cambados e Barrantes, Noite Fechada é un grupo de rock alternativo galego, creado despois dunha noite de festa

Noite Fechada é un grupo de rock alternativo que naceu a camiño de Cambados e Barrantes nunha noite de festa no ano 2012. De aí o seu nome. "Noite Fechada refírese a esas noites nas que saímos dispostos a pasalo ben, disfrutando ata reventar", explica o batería Nolo Chazo, a orixe do nome da banda. 

"A nosa filosofía céntrase en pasalo ben e que o noso público disfrute connosco. Nun primeiro momento, comezamos versionando a míticos grupos como Pink Floyd ou Guns N'Roses. Isto axudounos para probar e asentarnos nun estilo de música, ademais de que foi macerando o grupo ao que é hoxe en día", indica Chazo. "Pouco a pouco xurdiu a necesidade de facer cousas propias -engade- e de crear a nosa marca persoal".


Isto levou a que Gustavo, Nolo, Carmelo e Matías, integrantes de Noite Fechada, se lanzaran a crear o seu primeiro disco no 2015 e a repetir a fazaña no 2017, co seu segundo traballo de estudo.


Para Nolo o segredo de crecer e conquistar novos retos reside no traballo duro, en "percorrer moitos kilómetros para tocar alí donde nos chamen, ben en concertos ou en locais. A clave está en conseguir un contacto directo co público, e crear unha boa conexión entre ambos".

Todo isto levou a Noite Fechada a compartir escenario con grupos como Herdeiros da Crus, de quen se consideran "fillos da música creada por eles, compartindo un tono enxebre e festivo", sinala Nolo.


Cun "estilo asentado no rock alternativo e integramente en galego", as súas letras céntranse na festa, "pois nos somos moi festeiros e queremos que a xente o pase ben". 


Tras actuar na Festa da Dorna en Ribeira ou na Romaría Celtista, na Illa de Arousa, Noite Fechada estará hoxe no Festival Carqueixa Rock, celebrado en Laza, a partir das once da noite. Aínda que "non nos gusta facer plans a longo prazo", teñen unha cita pendente no Festival Armandiña Rock, celebrado en Combarro, e no Festival Xironsa, en Corvillón.

Te puede interesar