La Región

Agenda

AGENDA CULTURAL

O legado de Risco, en migallas de pan

Pezas inéditas elaboradas polo escritor e intelectual ourensán saen á luz grazas a doazón de familiares, que gardaron estas pezas durante medio século "entre algodóns"

As figuras doadas por Remedios Martínez-Risco.
As figuras doadas por Remedios Martínez-Risco.
O legado de Risco, en migallas de pan

Dende fai pouco máis dun mes, a Fundación Vicente Risco de Allariz acolle unha exposición inédita: figuras elaboradas polo propio Risco con migallas de pan. Un traballo inédito do escritor e intelectual ourensán que os visitantes poderán contemplar grazas ás doazóns de Luis Antonio Vázquez e Remedios Martínez-Risco, propietarios destas pezas.

Remedios Martínez-Risco, filla de Sebastián Martínez-Risco, xurista e presidente da Real Academia Galega, recorda como o seu curmán Risco configuraba estas curiosas pezas durante as comidas familiares celebradas en Castro Caldelas. 

"Me sorprendía mucho la rapidez con que las creaba, así como los detalles que conseguía en cada una de ellas", explica Martínez-Risco, quen confesa un dato curioso: "Cambiaba el color de cada una de ellas con la ceniza de sus cigarrillos, creando así muestras de diferentes tonos".

Sempre temática animal, dende elefantes a zorros, monos, ou mesmo un esquío son algunhas das pezas que conforman a mostra persoal de Remedios. 

Unha colección gardada durante máis de cincuenta anos, "conservada entre algodones", cun alto valor sentimental para a súa propietaria. "Siempre tuve claro que quería compartirlas con los demás porque yo era la única que ha conservado a lo largo de los años estas figuras y es una pena que queden en el olvido", explica a propietaria, quen recoñece que "me sigue dando pena no tenerlas en casa". 

Ademais destas pezas, Martínez-Risco recorda como o seu curmán tamén agasallaba aos presentes ás xuntanzas familiares con divertidas figuras de papel, demostrando que os seus talentos ían máis aló das verbas.n

Lugar: Fundación Vicente Risco, Allariz 

Hora: de 12,00 a 14,00 (S-D)