axenda cultural

Monicreques contra o lume

titeres
photo_camera Os cativos do Carballiño teñen unha nova oportunidade para divertirse co teatro de títeres. (ÓSCAR PINAL)
A compañía "Títeres Babaluva" quere concienciar aos máis cativos sobre os perigos dos incendios coa súa obra "Lume", que se representa este mércores no Carballiño

O Festival de Monicreques segue en marcha no Carballiño. Despois dos espectáculos destes días pasados ofrecidos polas compañías "Os contos do Pablísimo" e "Larraitz Urruzola", hoxe chega o turno para "Títeres Babaluva", que presentará na vila a súa obra teatral "Lume". 

Un espectáculo familiar e infantil dirixido para nenos de dous a dez anos no que a compañía presenta una proposta teatral "innovadora". Unha historia protagonizada por dúas titiriteiras na que recrean o bosque e os animais que viven nel, toda "unha historia de sensibilización medioambiental" na que se emprega unha técnica mixta de "contacontos e títeres de mesa". 

Na obra represéntase o momento no que un can se percata de que está comenzando un incendio, e como inicia unha cadea para avisar ao resto dos animais para apagar as lapas que ameazan con queimar todo o bosque, o seu fogar. Unha actividade lúdica e pedagócixa coa que concienciar os máis cativos sobre os perigos dos incendios.n

Lugar: Praza Emilia Pardo Bazán. O Carballiño. 

Data e hora:mércores, 21 de agosto, ás 19,30 horas

Te puede interesar