axenda cultural

Música poderosa e bailable

uploaded_mooncresta_result
photo_camera Moon Crest.

O grupo galego Moon Cresta fará bailar con "Moonary" aos ourensáns a partir das 19, 30 horas na Alameda de Bispo Cesáreo

O "Power & funk" é o selo de identidade do grupo galego Moon Cresta, formado fai case 20 anos en Vigo. É tamén o lema que se puxeron para "darlle nome ao xeito de tocar e crear cancións" da banda. "Temos comprobado que nin a crítica, nin o público, nin moitas veces nós mesmos, fomos capaces de poñer nome claro e preciso á corrente á cal encasillarnos". Por ese motivo, explican que usar "este emblema, sen ser algo definitivo da nosa clasificación estilística, sí que deixaba clara a nosa intención de soar poderosos e bailables". 

"Moonary", publicado a finais do 2016, é o seu último disco. Un álbum conformado con dez temas nos que se fala moito do"tempo", pero no que tampocouco faltan letras con "un cariz máis social" como é o caso de "We are the freaks" ou "Watch out". Cancións como "New Year Song", que narra "unha historia de tempos cíclicos e repetitivos que parece voltar ano tras ano", ou Future & remembrances, unha peza na que o protagonista "atopáse co seu propio 'eu' de vello" son algunhas das  pezas que os seus seguidores poden escoitar no disco e nos seus concertos tanto en festivais como en salas de toda España. 

Dez pezas novas na lista do grupo que supuxeron a "aceptación dun "público cada vez máis amplo e máis interxeneracional". Sinalan que aos seus seguidores máis novos " cando lles gusta este xénero, disfrutan del por riba das etiquetas (pop, rock, funk, punk,...). O noso eclecticismo creo que conecta ben con esa apertura de miras". Tamén falan dos "oíntes de xeracións máis veteranas", cos que o punto de enganche da banda con eles é "a través dos diferentes ecos que poden atopar na nosa música que bebe das grandes decadas dos 60' e 70', pero tamén dos 90'. 

As letras de Moon Cresta e os membros da banda aterrizan hoxe en Ourense prometendo tres cousas: "baile, suor e xúbilo".


Novo disco


A carreira de Moon Crest non se atura e xa avanzan que están traballando nun novo álbum que xa se atopa bastante avanzado. "Xa estamos escribindo o noso cuarto disco e temos esbozado o 70% do que pode ser ese vindeiro lanzamento".

Te puede interesar