axenda cultural

O reino do vento metal

celanova
photo_camera O mosteiro de San Salvador volverá a acoller concertos do festival Hércules Brass. (ÓSCAR PINAL)
A música de vento metal volverá a soar en Celanova coa sexta edición do festival Hércules Brass, que este luns celebrará a súa xornada inaugural con dous concertos

O festival Hércules Brass volve achegar a Celanova algún dos maiores talentos da música de vento metal. Faino na sexta edición dun evento xa consolidado que arranca hoxe e polo que pasarán recoñecidos músicos ata o próximo venres 2 de agosto.

O mosteiro de San Salvador acollerá este luns o concerto inaugural do evento. Alí, os asistentes, poderán disfrutar de balde da actuación da formación Sar Ensemble. Ana Pazos, Mariola González e Adrián Regueiro ofrecerán un concerto "diferente e novidoso ao mesturar instrumentos antigos con voz", sinalaba Alejandro Vázquez, organizador do festival celanovés.  

Máis tarde, no claustro do mosteiro os amantes da música poderán presenciar tamén de balde o concerto que ofrecerán o trompetista brasileiro Fabio Brum e a banda de música de Celanova. Unha actuación na que tocarán varias pezas conxuntas e coa que darán comezo a unha intensa semana musical na vila.

Lugar: Claustro do mosteiro de San Salvador, Celanova   

Hora: 18,30 e 20,45 horas

Entrada: gratuíta

Te puede interesar