Reinterpretar a Celso Emilio

20190904201234016
photo_camera Un dos gravados que conforma a obra "O neno preguntaba"
O artista Xosé Poldras presenta na Casa dos Poetas "O neno preguntaba", unha carpeta de gravados inspirados no poema homónimo do celanovés Celso Emilio Ferreiro.

A Casa dos Poetas acolle esta tarde a presentación de "O neno preguntaba", a carpeta de gravados elaborados polo artista coruñés Xosé Poldras. "Son catro gravados compostos polas imaxes que evocou en min o poema de Celso Emilio", explica o artista.

Unha colección inspirada no texto homónimo do escritor celanovés no que a linguaxe plástica adáptase á mensaxe do poema e no que as imaxes figurativas "cun punto máis abstracto" comparten espazo con elementos máis descriptivos "como a praza de Celanova".

Esta non é a primeira vez que Poldras decide inspirar as súas obras en autores. No caso de Celso Emilio, foi un motivo casuístico: "Visitando a Casa dos Poetas para montar unha exposición, entrei en contacto coa obra e vida de Celso Emilio". Dese encontro, Poldras comezou a interesarse e a investigar máis acerca do escritor, e de aí xurdiu a idea de crear este traballo. Aínda que os gravados foron realizados no ano 2018, será hoxe cando se presenten ao público nun acto no que estará o propio Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio e fillo do propio escritor.

O acto estará amenizado coa actuación da soprano Ilduara Perianes quen, acompañada polo pianista Guillermo Sáez, interpretará a versión musicalizada do poema "O neno preguntaba", do artista Vicente Asensio.n

Lugar: Casa dos Poetas, Celanova

Hora: 20,00

Te puede interesar