Axenda Cultural

A visión difusa dos veráns da nenez

20180723225235656_result
photo_camera Unha das 21 imaxes de "Territorio acoutado", que poden verse en Celanova.

O celanovés Carlos Lorenzo puxo as imaxes en "Territorio acoutado", onde Olga Patiño quixo recoller os recordos da súa infancia en Carral.

A exposición "Territorio acoutado" mostra os recordos do verán da infancia de Olga Patiño en Carral, A Coruña. Esta mestra, tamén poeta, quería plasmar nunha colección todas esas lembranzas da nenez e da mocidade, e por esa razón contactou con Carlos Lorenzo, que ademais de ser o técnico de Cultura deste Concello, é tamén fotógrafo, natural de Celanova.


"Olga viu o traballo que eu fixera con Baldo Ramos sobre a Ramallosa -un proxecto conxunto coas miñas fotografías e os seus poemas-, e quería facer algo similar", explica Lorenzo.


A exposición presentouse en Carral, e despois de facer un percorrido por diferentes concellos do Consorcio da Mariña, como Betanzos, Arteixo e Abegondo, chega a Celanova, onde se poderá ver ata o 14 de agosto na Casa dos Poetas, de martes a sábado, en horario de 10,30 a 14,00 e de 16,00 a 19,00 horas.

Fai cousa de tres anos, Patiño e Lorenzo comezaron a traballar neste proxecto, sen saber que sairía coma resultado. "Ao principio non sabíamos se ía ser un libro ou unha exposición". Finalmente, haberá as dúas cousas, máis un libro de artista, unha visión máis personalizada de "Territorio acoutado", onde se recopilan "poemas manuscritos, copias das fotografías e unha carpeta que segue a liña estética do proxecto", comenta o celanovés. A exposición está composta por 21 pezas, con cadanseu poema e imaxe.


"Traballamos conxuntamente, pero en ningún caso as imaxes son unha ilustración dos poemas ou estes unha interpetación das fotografías. Olga quería recoller da forma máis completa posible as súas lembranzas".


Por iso, a característica principal das láminas é a súa capacidade evocadora: "Son imaxes poéticas e difusas, porque intentei que fosen como a memoria, que non sempre é nítida". Ao longo das 16 pezas que se expoñen -"por cuestión de espazo, non puideron mostrarse todas"- contémpase unha visión dos veráns da nenez de Patiño e "segundo se avanza polas pezas, chegan á mocidade máis persoal."n

Te puede interesar