O Concello de Allariz amplía o prazo para gastar os vales do Peto

A concelleira de comercio asegurou que a participación nesta campaña foi maior que nas anteriores

O Concello de Allariz decidiu, con motivo da situación que está atravesando o comercio local e a hostalería en xeral dadas as restriccións interpostas a causa da pandemia do covid-19, ampliar o prazo oficial para que as persoas que resultaron beneficiarias no sorteo de Nadal e, concretamente, no Peto dos Desexos, poidan gastar nas vindeiras semanas os seus cheques económicos na vila. 

A organización deste concurso, que repartiu en Allariz na pasada campaña de Nadal 5000 euros en premios, ampliará, deste modo, o período para gastar os vales ata o vindeiro día 30 de abril. Neste senso, un total de 35 persoas foron agraciadas con cheques de 200 euros e de 100 euros por mercar no comercio de proximidade de Allariz durante a campaña de Nadal. Nas bases do concurso estaba estipulado, a priori, que deberían ser gastados antes do próximo día 31 de xaneiro, sen embargo, o Concello decidiu que, "debido as circunstancias sanitarias actuais" se ampliaría o prazo para gastar os premios.  

A Concelleira de Comercio, María López , fixo unha valoración moi positiva desta campaña. "A participación neste ano tan peculiar foi superior a edicións anteriores. Queremos agradecer a toda a xente que aposta polo comercio e negocios de hostalería local, por consumir produtos de proximidade".

Te puede interesar