“Los chicos de Sabeli" gañan o Trimaratón de Pontevedra

ganadores_result
photo_camera Os gañadores do Trimaratón.

Enfrentáronse 11 equipos nas modalidades de baloncesto, balonmán e fútbol sala

Como é tradición, o alumnado de cuarto curso de Cafyd organizou unha nova edición do Trimaratón de Pontevedra. Foi a décimo primeira edición deste esperado torneo no que competiron diferentes modalidades deportivas, neste caso fútbol sala, balonmán e baloncesto. Participaron un total de once equipos, o que ven sendo en torno a 130 deportistas. Como é habitual, o principal requisito era que cada equipo tiña que contar cunha deportista en cada una das competicións que se celebraba.

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo colaborou nesta iniciativa deportivas cedéndolles o pavillón de deportes do campus pontevedrés, así como por á disposición dos organizadores un garda de seguiridade que velou polo bo funcionamento do evento.
A proposta deportiva volveu a ser un éxito e dende a organización están moi satisfeitos coa resposta que recibiron, xa que acadaron unha importante cantidade de ingresos, tanto das inscricións como do bar que ubicaron no recinto para a súa excursión de fin de curso. Os alumnos de cuarto curso de Cafyd xa están a organizar máis eventos deportivos para este fin, como será o torneo de fútbol sala que se disputará unha vez finalicen os exames do primeiro cuadrimestre, polo mes de febreiro.

En canto aos vencedores deste torneo, quedaron de primer clasificados os integrantes do equipo "Los chicos de Sabeli" e os subcampións foron os deportistas do equipo "Rayo Vayacaño", quen amosaron as súas habilidades nas tres modalidades deportivas que se presentaron nesta edición do Trimaratón.

Te puede interesar
Más en Canle Dixital