O Auditorio acolle a estrea dun documental de Celso Emilio

Celanova, Acebedo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Asturias foron os lugares de gravación escollidos para a elaboración de '100% CEF: facendo un pandeiro de Celso Emilio'. O documental, escrito e dirixido polo celanovés Aser Álvarez, estréase hoxe as 20,00 horas no Auditorio Ilduara de Celanova.
Ao longo dunha hora, Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979) é reconstruido a través de entrevistas con familiares, expertos, historiadores, literatos, amigos e grazas á participación de persoas anónimas e coñecidas que recitan, len, rapean e cantan os seus poemas, demostrando que Celso Emilio é un dos poetas máis populares de Galicia. 'É un documental biográfico pero que non aspira a abarcar toda a súa vida e obra, senón que se trata dun exercicio interpretativo e divulgativo onde lle damos voz á xente moi diversa e heteroxénea', asegura Aser Álvarez.

O acto contará coa asistencia de Di Ellas, a banda liderada por Luis Tosar, facendo musicacións de poemas de Celso Emilio acompañados da Banda de Música de Celanova e dos Pornoenogastrophoners.

Te puede interesar