Sete autores recollen a arte de facer poesía en Celanova

A Casa dos Poetas de Celanova acolleu onte a presentación da publicación dos textos realizados polos participantes  do obradoiro “Facer poesía en Celanova”. A iniciativa, organizada pola Escola de Escritores e Escritoras da Asociación de Escritores en Lingua Galega e impartido por Xoán Carlos Domínguez Alberte permitiu achegarse a obra dos autores da bisbarra  como Curros Enríquez, Paulino Vázquez, Méndez Ferrín, Baldo Ramos ou Celso Emilio Ferreiro, entroutros.

Na presentación interviñeron o responsable da edición, Xoán Carlos Domínguez Alberte, e Antonio Puga, alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez. Ademáis, os autores Camila Álvarez, Andreia Costas, Mónica González, Castor López e David Martínez recitaron os seus textos, nun acto que contou co acompañamento da Escola de Música da Banda de Celanova.
photo_camera A Casa dos Poetas de Celanova acolleu onte a presentación da publicación dos textos realizados polos participantes do obradoiro “Facer poesía en Celanova”. A iniciativa, organizada pola Escola de Escritores e Escritoras da Asociación de Escritores en Lingua Galega e impartido por Xoán Carlos Domínguez Alberte permitiu achegarse a obra dos autores da bisbarra como Curros Enríquez, Paulino Vázquez, Méndez Ferrín, Baldo Ramos ou Celso Emilio Ferreiro, entroutros. Na presentación interviñeron o responsable da edición, Xoán Carlos Domínguez Alberte, e Antonio Puga, alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez. Ademáis, os autores Camila Álvarez, Andreia Costas, Mónica González, Castor López e David Martínez recitaron os seus textos, nun acto que contou co acompañamento da Escola de Música da Banda de Celanova.

A Casa dos Poetas de Celanova acolleu onte a presentación da publicación dos textos realizados polos participantes  do obradoiro “Facer poesía en Celanova”. A iniciativa, organizada pola Escola de Escritores e Escritoras da Asociación de Escritores en Lingua Galega e impartido por Xoán Carlos Domínguez Alberte permitiu achegarse a obra dos autores da bisbarra  como Curros Enríquez, Paulino Vázquez, Méndez Ferrín, Baldo Ramos ou Celso Emilio Ferreiro, entroutros.

Na presentación interviñeron o responsable da edición, Xoán Carlos Domínguez Alberte, e Antonio Puga, alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez. Ademáis, os autores Camila Álvarez, Andreia Costas, Mónica González, Castor López e David Martínez recitaron os seus textos, nun acto que contou co acompañamento da Escola de Música da Banda de Celanova.

Te puede interesar