O BNG solicita axudas para atender os servizos sociais

O BNG de Celanova rexistrou unha moción no Concello na que reclaman á Xunta de Galicia unha partida económica para atender ó servizo de axuda no fogar nos concellos do rural. Os nacionalistas entenden que a crise económica está provocando un incremento importante de persoas que demandan servizos sociais públicos para cubrir boa parte das súas necesidades máis básicas e fundamentais.
Non obstante, consideran que as políticas aplicadas polos gobernos do PP padeceron un 'brutal recorte orzamentario' no financiamento destes servizos. 'A situación é cada vez máis grave no Concello de Celanova', asegura o portavoz celanovés, Leopoldo Rodríguez Puga, que entende que a Xunta non pode seguir 'eludindo as súas responsabilidades' á hora de dotar ós concellos rurais dos recursos económicos e humanos necesarios para facer fronte a este grave problema social.

Na moción, que trasladarán ao resto de grupos locais, piden unha partida económica nos orzamentos de 2014 similar a do ano 2010 para atender dito servizo en todolos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Te puede interesar