A Bola reforza os traballos de prevención de incendios

230805_MR_conselleiro e alcaldesa da Bola
photo_camera José González, María Teresa Barge e Inés Santé.
Consellería de Medio Rural e Concello colaborarán para traballar nesta materia

José González, conselleiro de Medio Rural, e Inés Santé, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), mantiveron un encontro con María Teresa Barge, alcaldesa de A Bola, para abordar cuestións relacionadas sobre as posibles colaboracións entre o Goberno galego e o concello ourensá. 

Na reunión, o titular de Medio Rural e Barge acordaron a mellora dos efectivos de prevención de incendios, aumentando a supervisión das faixas secundarias, ferramentas fundamentais para atallar o lume, así como reforzar a xestión da biomasa nas áreas más achegadas a esta localidade.

Tamén se manifestou o interese polos instrumentos recollidos na Lei de recuperación da terra agraria -como as aldeas modelo ou os polígonos agroforestais-, co obxectivo de devolver á produción a terras de calidade que se atopan en desuso, favorecendo a remuda xeracional e a prevención de incendios. En concreto, valorarase a opción de implementar un polígono agroforestal nunha antiga zona de concentración parcelaria. 

Te puede interesar