A creación da marca ‘Vilas literarias’ dará un pulo ao turismo cultural de Celanova

A Consellería de Cultura creará durante a presente lexislatura a figura das ‘Vilas literarias’ como producto cultural turístico que sirva de base para dar a coñecer mellor Galicia. A iniciativa consiste no deseño de itinerarios turísticos por diferentes vilas vencelladas a escritores.
É o caso de Celanova en Ourense, localidade natal dos poetas Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luís Méndez Ferrín. O anuncio desta iniciativa foi realizado onte polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que explicou que as vilas que se acollan á nova figura deberán cumprir unha serie de condicións, como a de que a poboación teña recoñecida a configuración urabana de vila, e que esta sexa lugar de nacemento de máis dun escritor comunmente recoñecido na historia da literatura galega ou que se lle dedicara o Día das Letras Galegas.

Padrón, Ponteceso, Mondoñedo, Celanova, Cambados, Rianxo ou Vilanova de Arousa son algunhas das localidades que formarán parte do elenco de ‘Vilas literarias’ que promoverá a Secretaría Xeral de Turismo. O berce de nacemento de escritores como Rosalía de Castro, Camilo José Cela, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Castelao ou Valle-Inclán, servirán de reclamo para coñecer comarcas enteiras de Galicia.

Te puede interesar