Celanova

Un curso achega o uso das novas tecnoloxías ós máis pequenos de Celanova

Celanova

celanova

Un curso achega o uso das novas tecnoloxías ós máis pequenos de Celanova

As actividades lúdicas continuarán a partir do 15 deste mesmo mes co inicio do obradoiro "Xogueteando", destinado a rapaces de entre 4 e 8 anos

A aula Cemit de Celanova iniciou este luns o curso "Somos dixitais", destinado a nenos de entre 9 e 14 anos. Baixo o título" Somos dixiatis", a iniciativa, que se prolongará ata o vindeiro venres, día 12, ten como obxectivo achegas as novas tecnoloxías ós máis pequenos e fomentar entre eles un uso responsable, tanto dos equipamentos, como á hora de navegar por internet. As sesións formativas celebraranse de luns a venres en horario de mañá, de 10 a 13 horas. 

As actividades lúdicas continuarán a partir do 15 deste mesmo mes co inicio do obradoiro "Xogueteando", destinado a rapaces de entre 4 e 8 anos. Ámbolos dous programas contan con prazas limitadas, polo que os interesados nesta segunda proposta poden solicitar a súa na propia aula ou a través do teléfono 988 43 16 04.