Folclore, cultura e tradición no XVI Rebulir, en Ramirás

El popular Xabarín, durante su actuación tras recibir el premio Rebulir de este año.
photo_camera El popular Xabarín, durante su actuación tras recibir el premio Rebulir de este año.
Xabier Díaz, Anxo Angueira e o Xabarín Club recolleron os galardóns deste ano, en O Picouto

O polideportivo de O Picouto, en Ramirás, acolleu na tarde de este sábado a gala central do Festival Internacional Rebulir, que chega este ano celebrando a súa XVI edición, o FIR202. Organizado pola Asociación Cultural Rebulir, co apoio institucional da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, concellos de Ramirás e Celanova, e universidades de Vigo e Santiago, o certamen viviú a gala de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2021.

A mención de honra foi para os emigrantes retornados na comarca de Celanova, representados por Manuel Pérez,  presidente da Federación Venezolana de Galicia (Fevega), e María Fernanda Ruiz, presidenta da Asociación de Pensionados e Jubilados de Venezuela en Galicia (Apejuveg). Entregoulles a figura o subdirector da Secretaría Xeral de Educació,; José Antonio Casas. Pola súa banda, Anxo Angueira recolleu da man do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o na categoría Homenaxe. Angueira amosou a súa felicidade porque “é a primeira vez que se recoñece a miña traxectoria e faise en Ramirás, o concello no que eu comecei escribindo o meu primeiro libro”.

Miguel Santalices entrega o premio a Anxo Angueira.

Miguel Santalices entrega o premio a Anxo Angueira.

O Xabarín, galardoado na categoría de Artes Escénicas, recolleu acompañado do director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias, o seu premio de mans do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo.

Xabier Díaz, premio na categoría de Música galega, non puido acudir á gala e recolleu no seu nome Ana Caamaño, de mans do vicepresidente da deputación de Ourense, Rosendo Fernández. Díaz agradeceu, nun vídeo, o galardón e quixo compartilo con “todo aquel que aportou para que eu hoxe chegara ata aquí. Dende o
meu avó, que me regalou a primeira gaita, ata as Adufeiras de Salitre, pasando por Berrgüetto ou Xacarandaina”.

A gala estivo amenizada polas actuacións dos colectivos folclóricos participantes, que amosaron o mellor das súas músicas e danzas.

Te puede interesar