CELANOVA

La Fundación Curros dispondrá de 15.000 euros para actividades

Así o establece o convenio asinado onte polo alcalde da localidade, José Luís Ferro, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.
 

A Fundación Curros Enríquez recibirá 15.000 euros tanto para promocionar a obra dos escritores celanovenses como para as actividades de mantemento da Casa dos Poetas. Así o establece o convenio asinado onte polo alcalde da localidade, José Luís Ferro, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Os programas escolares "Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio" ou a VII xornada de convivencia na vila arredor da figura do poeta do Rexurdimento, á que acoden escolares de toda Galicia son as actividades que se verán máis beneficiadas por esta sinatura. Do mesmo xeito, tamén se destinará esta partida a viaxes para coñecer outras vilas literarias ou para o premio "Celanova, casa dos poetas", que precisamente se fallara o próximo sábado, día 18, durante a reunión anual do padroado da Fundación Curros Enríquez e entregarase o primeiro domingo de setembro.

A de onte constituíu a primeira visita oficial de Román Rodríguez a Celanova como conselleiro, polo que aproveitou para coñecer a fondo a Casa dos Poetas, que actualmente acolle unha exposición de fotografías biográficas de Carlos Casares. Alí, Rodríguez interesouse polo funcionamento do recinto, que só durante o 2014 superou amplamente os 6.000 visitantes, e tamén amosou a súa preocupación por outros temas que atinxen á vila, como foi a desaparición da Virxe do Cristal.

A visita de Román Rodríguez a Celanova concluíu coa entrega de diplomas ós asistentes ó XII Curso de Medios Audiovisuais.

Te puede interesar