EXPOSICIÓN

A historia da emigración galega, na Casa dos Poetas

A exposición presenta unha serie de fotografías e documentación documentación gráfica da emigración española

Tratar de sintetizar a historia da emigración galega en 40 imaxes é o obxectivo da exposición "Nós tamén fomos emigrantes", que entre o 13 de xullo e o 26 de agosto acollerá a sala de exposicións da Casa dos Poetas de Celanova. A mostra realízase a través dun convenio entre Afundación, Abanca e o Concello de Celanova, un acordo que se asinará hoxe mesmo entre representantes das tres entidades. 

As fotografías, que tamén conteñen documentación gráfica da emigración española, proceden dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo da exposición é o de tratar de achegar ós espectadores á realidade histórica pola que pasaron milleiros de familias galegas durante décadas. Asinan as imaxes destacados fotoxornalistas da época, que ofreceron un retrato xa non só profesional, senón tamén humano, deste movemento de persoas que levou a moitos a abandoar o seu fogar en busca dunha vida mellor, nalgúns casos, a milleiros de kilómetros de distancia. 

A Casa dos Poetas figura, nesta ocasión, como un marco axeitado para acoller esta mostra, especialmente polas biografías dos escritores Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Ámbolos dous tiveron que partir a Cuba e Venezuela, respectivamente; unha viaxe que recolleron nas súas obras bibliográficas.  O convenio de colaboración contará coa sinatura do alcalde de Celanova, José Luís Ferro; o director de zona de Abanca, Enrique Manuel Romero, e a coordinadora de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. A exposición encádrase no proxecto "Corrente cultural", gracias á que "Nós tamén fomos emigrantes" percorre diferentes concellos de Galicia.

Te puede interesar