Melloras na estrada OU-531, entre Rairiz e Celanova

Estrada 301_result
photo_camera Un técnico explica aos alcaldes as características do proxecto que se vai acometer na estrada OU-531.

A Xunta de Galicia destinará máis de 765.000 euros ás obras de reforzo de firme na estrada OU-531, ao seu paso polos concellos de Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, A Bola e Celanova. A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, reuniuse onte no Concello da Bola cos alcaldes dos concellos afectados para darles a coñecer as características do proxecto.

No concello no que se prevén as actuacións máis importantes é o da Bola, no que se afrontarán traballos por un importe de 289.000 euros. En Celanova están previstas obras por 205.000 euros, en Rairiz de Veiga o custo das mesmas ascenderá a 180.000 euros, mentres que en Vilar de Santos e Sandiás investiranse 82.000 e 8.500 euros, respectivamente.

O proxecto de actuación ten como obxectivo rehabilitar o firme da estrada en puntos localizados e entre outras intervencións, está previsto acometer traballos nas travesías de Vilariño de Santos e Vilar de Santos, a corrección do peralte de dúas curvas no alto do Furriolo e intervencións na travesía de Celanova.

Te puede interesar