ENTREVISTA

Miguel Nieto: ‘Para pintar hai que saber debuxar'

Nieto
photo_camera Migeul Anxel Nieto.

Despois de pasar por Ourense, Vila Real ou Salmanca, agora expón nos Baixos do Concello unha serie de óleos e plumillas coa temática paixasítica como protagonista.

Miguel Ánxel Nieto Dorado fixo da pintura a súa segunda profesión durante toda a vida. Despois de pasar por Ourense, Vila Real ou Salmanca, agora expón nos Baixos do Concello unha serie de óleos e plumillas coa temática paixasítica como protagonista. Alí estará ata o 30 deste mesmo mes.

Que tipo de cadros compoñen a exposición?

Paisaxes urbanas ou de temática rural. Escollín para traer algo de Celanova e da comarca pero tamén doutros sitios próximos como Castro Leboreiro, a Limia ou Ourense.

Que técnicas pictóricas podemos atopar?

A técnica é sempre a mesma: óleo con espátula. Non son debuxos coloreados. Normalmente fago unha plumilla adecuada á realidade, unha especie de boceto e, sobre iso, fago a pintura. En todos predomina a cor, e, en canto a estilo, sitúanse no preimpresionismo, tendo de base a pintores ingleses como William Turner.

A pintura non foi a súa profesión principal. Como se consegue sacar tempo para pintar?

É algo que nace contigo. Sempre tiven un traballo que me deixaba unhas horas libres ó día, pero agora teño máis (risas). Tampouco lle dedico todo o día, senón unha hora ou dúas diarias, incluso hai veces nas que non pinto.


Sempre fai paisaxe?

Tamén fago retrato, pero é un campo no que non me sinto tan cómodo. Normalmente é máis delicado porque a xente adoita pedir fotografías e a pintura é diferente. Si que fixen unha serie de retratos que están en Oseira, ou un de San Rosendo que está na sancristía da Igrexa. Pero prefiro a paisaxe.

Como chegou a dominar a técnica do óleo?

De novo estudiei pintura, nada oficial, pero despois cursei a carreira de Historia da Arte, entón sempre estiven relacionado con este mundo. A técnica aprendina de Cárcamo. Para pintar o primeiro que necesitas é debuxar e compoñer. O cadro pode alterarse pero hai que partir dun debuxo. Hai quen empeza polo abstracto e iso non é así, nin Picasso nin Kandinski o fixeron.

Te puede interesar