Mulleres do rural carballiñés asistirán a un curso de galego

A Aula Conect@das ó Mundo-Femuro (Federación provincial de Mulleres Rurais) do Carballiño prevé iniciar o próximo 19 de marzo o Curso de Galego Celga IV, que foi solicitado por esta entidade e que nestes momentos está á espera de que os responsables da Administración autonómica confirmen a súa concesión. 'Cando xurda a resposta á mesma será comunicada ás persoas inscritas', segundo sinalaron os encargados da aula.
Na actualidade se seguen a manter as actividades formativas habituais de alfabetización dixital, ludoteca e animación a lectura, entre outras, ademáis do desenvolvemento de programas como o de axuda a nais xestantes ou lactantes, que no ano 2011 permitiron formar a catro mulleres no coidado dos pequenos.

Te puede interesar