CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
Un ano máis, a principios de setembro, a Fundación Curros Enríquez acolle o Premio Celanova Casa dos Poetas. Na súa XXXIX edición concedeuselle o galardón a Manuel García Vázquez, coñecido artisticamente como Manuel Buciños (Buciños, Carballedo, 1938), pola súa “longa traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega como modelador de formas en pedra, bronce ou madeira, das que emerxen figuras que transmiten saudade e harmonía dun xeito tan propio e identificador que resulta imposible estar perante algunha delas sen exclamar ”Esa é de Buciños”.
Así o afirmaron durante a celebración do acto de entrega do galardón, que outorgou a Buciños unha medalla de prata, coa imaxe da fachada da casa e as letras “C”, da autoría de Acisclo Manzano. “Foi un acto moi emotivo e bonito, cargáronme de palabras bonitas, o que é de agradecer, estou moi contento con este galardón” , anotou o escultor orgulloso, quen quedou abraiado coa organización do premio: “Pareceume un acto moi completo, houbo música, momentos emocionantes e todo estaba moi ben organizado, un 10 para a Fundación”, engadiu.
O acto, amenizado polo grupo Jazz Reflections, celebrouse no claustro barroco e estivo conducido por Felipe Ferreiro, patrón da Fundación. Nel tamén participaron Antonio Puga, alcalde de Celanova e presidente da Fundación e Antonio Piñeiro, secretario da mesma, o que afirmou que “Buciños xa é hoxe un ourensán máis, que ten contribuído a elevar a arte escultórica ourensá ós máis relevantes niveis de calidade da plástica galega”.
Dende a Fundación Curros Enríquez sinalaron que é un orgullo para o pobo celanovés contar dende hai case medio século cunha obra da súa autoría tan fermosa, expresiva e representativa como é o monumento de San Rosendo”. Outro dos motivos polos que o Celanova Casa dos Poetas premiou a Buciños na súa XXXIX edición, “coincidindo co centenario da declaración do monumento que nos liga coa época do fundador de Celanova -a Capela de San Miguel- como Monumento Histórico Nacional”, engadiron dende a Fundación.
Tras asinar no libro de honra da Fundación, realizouse unha laudatio a cargo do artista Baldomero Moreiras. Palabras de loa e cariño para Buciños que remataron coa intervención de Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento; Anxo Manuel Lorenzo, director xeral de Cultura, e Rosendo Fernández, en representación da Deputación de Ourense. Todos eles coincidiron en que “é unha homenaxe moi merecida”, nun acto cargado de emoción e cariño para o escultor Buciños.
A Fundación Curros Enríquez de Celanova celebrou onte o XXXIX Premio Celanova Casa dos Poetas, que dende o ano 1985 honra a aqueles que traballan pola cultura galega e Galicia. Un premio que tamén lembra aos ilustres escritores.
Esta 39 celebración comezou cunha ofrenda floral e unha lembranza de Celso Emilio Ferreiro diante do seu monumento con motivo do 44 aniversario do seu falecemento. Tras a intervención da “Alborada de Celanova” a cargo da Banda de Gaitas da localidade e o recitado de poemas do escritor a cargo do grupo de teatro Solpor, celebrouse a ofrenda floral no busto do poeta, como marca a tradición.
Ante numerosos veciños, integrantes da Fundación Curros Enríquez, autoridades e o premiado desta XXXIX edición do premio, soou o Himno Antergo, para poñer fin á cerimonia inaugural deste consolidado premio cultural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último
PROTAGONISTAS DE LA SANIDAD PÚBLICA
Atención Primaria, trabajo en equipo que mejora la salud de la comunidad
PAÍSES IBEROAMERICANOS
A Casa Vella, referente de la creación escénica rural
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Vamos al circo?
SORTEOS PARA CLIENTES
El comercio local de Verín recupera el concurso de escaparates