Obradoiros, xogos e música animarán a “Verbena do Rella”

Alexandre Sotelino, Isabel Gil e Sandra González.
photo_camera Alexandre Sotelino, Isabel Gil e Sandra González.

Rebulir organiza o sábano na Praza de San Andrés de Vilavidal unha festa interxeracional con zona gastronómica

“A Verbena do Rella” encherá de música e cultura tradicional este sábado a praza de San Andrés de Vilavidal. O colectivo Rebulir e o Concello de Ramirás presentaron onte o cartel da actividade, que é unha continuación da Noite de Fiadeiro. A festa que, como indican os organizadores, “morreu de éxito” dado que a cantidade de xente que acudía era moi superior a agardada para un evento que pretende manter a esencia tradicional.

Tras dous anos de pandemia, Rebulir presenta este novo formato que contará con obradoiros de baile, xogos e animacións de rúa desde as 16,00  horas e, a partir das 20,00 horas, un festival a modo de peche do curso escolar no que participarán todos os grupos da Escola de Rebulir e tamén da Mestre Gacio de Lestedo. O prato forte chegará co serán, cunha verbena onde as agrupacións Candaira, Carapaus, Airiños de Caldelas y Tanto nos Ten moverán aos asistentes ata a madrugada ao ritmo de pasodobres, rumbas, muiñeiras ou xotas.  

A festa interxeracional, onde haberá unha zona gastronómica con racións para a venda, tamén servirá para poñer en valor a figura de Manuel “O Rella” un gaiteiro nado en Cartelle, “pero que tivo a súa residencia en Ramirás, e quen animou canta festa e romaría había na contorna”, lembran dende Rebulir, colectivo que sigue apostando por facer do rural un espazo vivo.

Te puede interesar