SEGURIDAD

Policía Local e Garda Civil reforzarán a colaboración en Celanova

O alcalde de Celanova agradeceu o incremento da presencia da garda civil na vila nos últimos meses

Os índices delictivos manteñen unha tendencia á baixa na comarca Terra de Celanova, segundo manifestaron os representantes da Xunta Local de Seguridade en base ós datos recollidos entre xaneiro de 2016 e maio de 2017. Se ben prefiren non ofrecer cifras concretas, os informes aportados pola Garda Civil e a Policía Local recollen unha diminución na totalidade de infraccións penais, especialmente os delictos. En menor medida, os corpos de seguridade tamén rexistraron un leve descenso das infraccións contra a seguridade vial. 

A reunión estivo presidida polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e contou coa presencia dos responsables dos dous organismos de seguridade con presencia en Celanova. Ámbolos dous coincidiron en salientar a estreita colaboración entre Garda Civil e Policía Local, que se intensificará nos meses vindeiros tanto pola celebración das diferentes festas patronais como polo aumento da poboación na comarca. Ferro, ademais, agradeceulle ós responsables do cuartel da vila o incremento da presencia de axentes da Garda Civil ó longo dos últimos meses, posto que "ten aumentado", especialmente ós xoves, cando ten lugar a feira de Celanova. 

Te puede interesar