A actividade ten como obxectivo ensalzar os valores do comercio tradicional e de proximidade que recolle o mercado
A Praza de Abastos de Celanova reivindicará hoxe o seu papel como peza fundamental do comercio tradicional da vila a través da campaña "Quere ó teu mercado". Trátase dunha iniciativa coordinada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de xeito anual e á que se suman unha vez máis tanto o Concello como a Fundación Curros Enríquez a través do portal do comercio "www.compraencelanova.com".
Ó longo de toda a mañá sucederánse diferentes actividades de dinamización que terán o seu punto forte na quedada convocada para as 12,30 horas. Nese momento, tódolos veciños que queiran manifestar o seu apoio ós mercados tradicionais quedan citados por "Compra en Celanova" para realizar unha fotografía conxunta baixo o lema "Celanova quere ó seu mercado". O obxectivo final desta iniciativa é o de promover o consumo de proximidade, así como ensalzar os valores que representa a propia Praza de Abastos, como son a venda de productos locais e a posta en valor da proximidade das praceiras.
O mercado de Celanova ten sido exemplo de calidade, ata o punto de que o pasado ano foi seleccionada polo Ministerio de Economía entre unha decena de prazas de toda España para realizar un estudio de mercado.