Raigame recrea de novo un museo vivente en Vilanova

Vilanova. 17-05-2017. Romería Raigame. Paz
photo_camera Aspecto que presentaban as rúas de Vilanova dos Infantes na mañá de onte.

O Museo do Pobo Galego recolleu o premio honorífico Adolfo Henríquez

As previsións non eran moi optimistas, pero finalmente o sol decidiu unirse á festa e permitiu que centos de persoas gozasen un ano máis da romaría etnográfica Raigame. Hai agora 16 anos que o Concello de Celanova e a Deputación Provincial decidiron darlle un xiro á celebración das Letras Galegas enfocándoa non só na literatura senón en toda a cultura popular de Galicia. 

Con cada edición, vaise afianzando este xeito de lembrar os costumes antergos e son moitas as persoas que percorren as rúas da vila medieval de Vilanova dos Infantes abraiándose co xeito de fabricar, bailar e cantar de comezos do século XX. Durante toda a xornada, os baixos das casas acollen diversos oficios tradicionais coma o de cesteiro, ferreiro, latoneiro, cesteiro..., ó tempo que nas praciñas as gaitas e as muiñeiras recordan que a cultura galega hai que festexala. Raigame é unha festa que gusta a tódalas idades, pois mentres que os pequenos se amosan abraiados por cousas que lles son totalmente descoñecidas, os maiores contemplan con emoción ferramentas e utensilios que formaron parte do seu día a día sendo nenos. 

Todo isto fai da romaría Raigame un museo vivinte, tal e como lembrou o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, durante a entrega do premio honorífico Adolfo Henríquez, que nesta ocasión recaeu no Museo do Pobo Galego, no 40 aniversario da súa creación. Se ben ata hai tres anos este galardón se nomeaba Xan de Barros, o fatídico desenlace do párroco de Vilanova fixo que a organización optase por honrar a súa memoria con esta distinción. 

O vicepresidente do padroado do museo, Francisco Fariña, foi o encargado de recoller o recoñecemento de mans do sobriño de Don Adolfo, José Manuel Enríquez. Francisco Fariña  pronunciou unhas palabras de memoria para o relixioso, recordando que. "coñecino hai 40 anos, sendo aínda párroco de Castromao. Alí axudounos coas excavacións" dos restos castrexos", relatou.

Te puede interesar