Rebulir pechará o curso cunha romería o día 26 no Picouto

Ao evento só poderán asistir os membros da asociación e familiares

A Asociación Cultural Rebulir, que ten a súa sede no concello de Ramirás, pechará o vindeiro 26 de xuño o curso 2020-2021 coa súa tradicional “Romaría Rebuldeira”. Desta vez, e por cuestións de aforo pola pandemia, só poderán asistir os membros da asociación e familiares, pero non faltarán no acto a música e o baile tradicional, coa participación especial de Tres Tristes Tigres.

Varias son as novidades desta edición, cuxo cartel daban a coñecer a través das redes sociais este fin de semana. Ademáis do cambio de emprazamento da romaría, que se desenvolverá no complexo deportivo do Picouto, o acto festivo incluirá a presentación do certame “IdentificARTE” organizado por Viraxe e Rebulir.

Ao longo da mañá, antes do xantar, está prevista a celebración da feira Rebuldeira coa participación de Rebulir, Alba Faro e Jandro Barciela, e o concerto de Tres Tristes Tigres.

Te puede interesar