Os socialistas de Cartelle critican a falta de médico nesta localidade

Dende o PSOE local tamén lamentan o “deplorable e lamentable” estado no que se atopa a consulta

Os socialistas de Cartelle veñen de denunciar públicamente “os recortes” feitos polo Partido Popular na sanidade pública do municipio. Aseguran que levan “máis de catorce meses agardando a que a xubilación dun dos tres facultativos cos que contaba o concello sexa reposta” e engaden que, no periodo estival, a consulta queda sen facultativo por mor das vacacións, polo que a veciñanza ten que desprazarse 20 quilómetros -entre e ida e volta- ata Outomuro para poder recibir atención médica.

Dende o PSOE de Cartelle critican que o rexedor, Jaime Sousa, e a senadora Carmen Leyte “miren para outro lado namentres se desmantela a sanidade no noso municipio”.

Por último, os socialistas tamén lamentan o “deplorable e lamentable” estado no que se atopa a consulta de Cartelle sobre a que afirman que se “cae a pedazos” sen que o Goberno “faga algo por impedilo”.

Te puede interesar