PAGO ELECTRÓNICO

Terra de Celanova implanta o pago telemático de taxas e tributos

Tamén se ofrece a posibilidade de realizar o pagamento a través de código QR.

Despois de que a semana pasada estreara a súa páxina web, a Mancomunidade Terra de Celanova anunciou onte que a través desta plataforma poderán tramitarse a partir de agora os pagos de taxas e tributos á propia entidade. Para o pago dos recibos, o usuario deberá acceder á pestana Servizo Online Pago de Recibos, entrar na opción Liquidación ou Autoliquiación e cubrir os campos esixidos segundo os datos que aparecen no recibo; unha vez completados todos os campos, o sistema levarao á páxina de pago, onde deberá cubrir outro formulario e introducir os datos da tarxeta coa que realizará o ingreso. Tamén se ofrece a posibilidade de realizar o pagamento a través de código QR. A Mancomunidade subliña que esta plataforma de pago dará servizo mesmo aos veciños que residen fóra da comarca e no extranxeiro.

Te puede interesar