TRIBUNAIS

Un veciño de Celanova, investigado como presunto autor dun incendio en Freixo

Durante os últimos días, a Policía Autonómica esclareceu tres casos de queimas 

A Policía Autonómica esclareceu, nos últimos días, tres incendios acontecidos nos concellos de Celanova, Salvaterra de Miño e Boiro. 

Axentes do grupo de incendios de Ourense investigaron a un veciño de Celanova como presunto autor dun incendio forestal acontecido o pasado 20 de abril no lugar de Freixo (Celanova). A queima de 0,025 hectáreas de monte raso produciuse por mor dunha fogo realizado sen as medidas de seguridade axeitadas. 

Te puede interesar