Xabarín Club, Xabier Diaz e Anxo Nogueira, Premios Rebulir 2021

premios22

A entrega dos galardóns será o vindeiro 18 decembro, no Festival Internacional de Rebulir

O xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2021 vén de outorgar os seus galardóns a Xabier Diaz, Xabarín Club e Anxo Angueira. A comisión presidida por Sandra González e Alexandre Sotelino distinguiu na categoría de música galega a Xabier Díaz, un recoñecemento no eido da música tradicional, tanto dentro como fóra de Galicia.

Na categoría de artes escénicas, a asociación cultural premiou ao Xabarín Club pola súa contribución á normalización lingüística e á difusión da cultura galega. Por último, na categoría Homenaxe, Rebulir distingue o seu galardón a Anxo Nogueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, pola súa contribución á literatura galega e pola súa vinculación con Ramirás e Celanova.

A entrega de galardóns será na gala do FIR (Festival Internacional de Rebulir), que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no polideportivo do Picouto (Ramirás).

Te puede interesar