As actrices Magüi Mira e Beatriz Carvajal protagonizan este venres en A Coruña 'O cerco de Leningrado'

As actrices Magüi Mira e Beatriz Carvajal protagonizan este venres, día 1 de abril, ás 20.30 horas, no Teatro Colón Novacaixagalicia, a obra de teatro 'O Cerco de Leningrado' de Sanchís Sinisterra e dirixida por José Carlos Plaza.
A obra, que forma parte da programación para este ano, conta a historia de Priscila, unha muller eminentemente práctica, e Natalia, unha empedernida soñadora, que viven nun teatro abandonado do que foron propietaria e actriz principal hai máis de dúas décadas.

Ambas as dúas viven para o recordo do que foi o seu marido e amante respectivamente, mentres indagan que foi do seu último texto teatral, 'O cerco de Leningrado'.

Por outra banda, o sábado, 2 de abril, ás 20.30 horas, subirán ás táboas do Teatro Colón Novacaixagalicia Leo Harlem e David Amor, para presentar o seu espectáculo de humor 'Pasa a tomar un café, cando queiras'.

Mentres, o domingo 3 de abril, ás 12.00 horas, se representará o musical infantil 'Érase unha vez', un espectáculo para toda a familia a través do que se repasarán os personaxes e cancións máis populares dos clásicos da literatura infantil universal.

Te puede interesar