Ooutro día faláballes das formas “a feito” e “a eito” para dicir que eran formas que nos indicaban facer as cousas seguidas ou se escoller, sen parase moito, “Plantar árbores a eito nun monte”, puña como exemplo. Hai outra locución adverbial de modo moi nosa que ten o matiz de descoido, de mala maneira, de casualidade, “ao chou” -pronuncien sempre, fagan o favor “ó”, cando vexan escrito ao, como aconsella a RAG-. “Sacaron un número ao chou do bombo e cadrou que era o da miña rifa: tocoume o xamón”. Antes, o Complexo Hospitalario de Ourense, coñecido polo seu acrónimo “Chou” prestábase a broma. “Foise operar ao chou”. Tanto lle tería, logo, dunha cousa ou doutra. En fin, agora como seica lle chaman Chuo, Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, pois xa non hai problema. Outra forma enxebre semellante é “ás toas”, -tamén pode ser singular, “á toa”, para indicar que algo foi feito á présa e sen reflexión. “Fai as cousas ás toas e logo pasa o que pasa”.
Buscar
26/dic./20 - 04:51
Actualizado:
27/dic./20 - 08:14
27/dic./20 - 08:14
Compartir
Tags
Más en Cultura
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50
'ME TOO'
Otras tres mujeres acusan al cineasta Carlos Vermut de violencia sexual
Agencias
27/feb./24 10:25