A bolboretiña do día | As cebras do Cebreiro

Non hai. Xa saben alá hai natureza esplendorosa e lobos - “os ollos ó lombo lobo”, que dicía Novoneyra nun poema cheo de os- pero non hai cebras. É curioso. As cebras son de África do sur. Cando chegaron os portugueses alá -falamos do século XV- viron un animais que lles parecían unha especie de burros salvaxes pintados a raias. E déronlle o nome que lle daban a eses burros salvaxes, polo científico Equus Hydruntius, que daquela vivía salvaxe nos montes de media Europa antes da súa extinción no século XVI, e que se chamaban “cebros”. E estes cebros deixaron topónimos dos lugares onde vivían: A comarca do Cebreiro, en Lugo, e outras varias ducias por Galicia adiante. En Ourense hai o topónimo Cebreiro en Viana do Bolo, Vilariño de Conso, en Xares, na Veiga,  en San Amaro, en Baltar... e tamén Cibreiro (que vén sendo mesmo, só que pechando, ourensanamente o e, como en il, iste, etc.) en Boborás. Nin cebros, nin cebras, pero quedou o nome. Como en Oseira ou Vilardecervos. Ou tantos outros.

Te puede interesar