A bolboretiña do día | As letras galegas

undefined
Grazas a este marabilloso e superior alfabeto latino, podemos escribir en varios idiomas coa mesma máquina de escribir. Así, na maioría das linguas do contorno -latinas e xermánicas, principalmente, pero tamén outras moitas- escribirmos coas mesmas letras. Case. Hai pequenas excepcións para adaptaren as súas fonéticas. Sabemos que o alemán usa a beta (β) como dobre ese, por exemplo en Straße (rúa); ou que varias linguas, como o francés, catalán e portugués, usan ese invento hispano visigodo que aquí desapareceu, a cedilla (Ç), garçon, Barça, Valença. O francés usa tamén bastante a ligadura de vogais entre o o e o e (Œ) en palabras como œuf (ovo), e o inglés, entre o a e o e, como en encyclopædia (Æ). O noruegués e danés usan o barrado (Ø). O castelán e o galego, e algunha outra, o eñe (Ñ) (camiño). E se temos que buscar cales son as letras galegas por excelencia, particulares da nosa lingua, diría que o grupo ene hache, usado desde inicios do XIX de forma natural, para ese son que chamamos "ene velar". Así para nós non presenta problema distinguir os dous enes nosos, e dicir, por exemplo: “a duna dunha praia está na parte oposta ó mar”, ou “para que una unha pista coa outra, o alcalde debe mandar unha pala”... ou a Deputación, claro.

Te puede interesar