A bolboretiña do día | Plantar lume?

descarga (1)
photo_camera descarga (1)

Ninguén pode plantar lume. Porque plantar, do latín “plantare” e simplemente facer un oco na terra para poñer unha planta. E porque o pl- inicial do latín pasa ao galego pola vía popular como ch- (pluvia> chuvia, por exemplo), sabemos que o verbo galego “chantar” (espetar algo no chan ou nunha superficie máis branda) ten esa orixe. Como Chantada.

Falando de lume debemos usar mellor prender, forma que vén do latín “prehendere” composta dun pre ─antes─ e un “hendere” agarrar (de aí, tamén, hedera> hedra). Por iso falamos de prender lume para referirnos ao momento xusto antes de que o lume agarre todo. Momento ideal, tamén, para agarrar ou prender ao incendiario e atalo a unha árbore.

Te puede interesar