A bolboretiña | Emprestar e prestar

undefined

En galego temos dous verbos parcialmente sinónimos. Son os quen van no titulo.

Prestar vén do latín pre- diante e stare, que significaba estar de pé. Así o que prestaba era o que se puña diante para axudar... e de aí pasou ao que pasou a deixarche provisionalmente unha axuda. Esa idea de posición reforzouse historicamente con outra preposición latina “EN” e de aí vén o de “emprestar” que se conserva no cultismo “empréstito” e que creo debemos preferir en galego por tradicional, aínda que sexan válidas as dúas. “Empréstame cinco euros que logo chos dou”. O outro valor, só é do verbo prestar. Segundo o dicionario prestar é “sentar ben, especialmente unha comida”. Eu sacaríalle o de comida, pois tanto pode prestar ben unha sardiña asada e unha copa de viño, como unhas vacacións deitado na praia sen nada que facer. Ou dicir algo para que non che quede no papo. “Canteille as corenta, e prestoume”. Ou incluso o outro podía responder ao que lle pedía emprestados cartos “Préstame ben deixarchos, ho, que nunca me pides nada”. Úsenos, aínda que esta última farase sexa rara, rara. A ninguén lle presta emprestar cartos. [email protected]

Te puede interesar