¡Buone visioni!

As crónicas de Wes Anderson

O cineasta de Huston empezou a cultivar a reverencia por este semanal nos seus anos de instituto en Texas

O estilo de Wes Anderson recoñécese polas xeometrías simétricas, os encadres perfeccionistas, as cores pasteis, e un certo tono meláncolico dun relato que aposta, case sempre, por ser coral. En La crónica francesa, Wes Anderson mantense abundantemente nas mesmas coordinadas estilísticas, homenaxeando, nesta ocasión, o traballo xornalístico dos anos sesenta dalgúns reporteiros de culto, como Joseph Mitchell, Mavis Gallant ou Rosamond Bernier.

Todos foron correspondentes en Francia a mediados do século XX e o director cítaos nos créditos finais do filme. Ademais esas mesmas referencias están no libro An editor’s burial que o cineasta ven de publicar nos Estados Unidos. Así, o French Dispatch do Liberty Kansas Evening Sun de La crónica francesa inspírase nesta época determinada e, especialmente, no semanario cultural de The New Yorker.

O cineasta nado en Huston empezou a cultivar a reverencia por este semanal nos seus anos de instituto en Texas e o levaron, anos máis tarde, a adquirir os volumes da Universidade de Berkley. Pero no 2003, o director chegou aínda mais alá. Xa coñecido por filmes como Academia Rushmore (1998) e Los Tenenbaums (2001), atreveuse a chamar directamente á redacción de The New Yorker para intentar adquirir o arquivo completo. A resposta, previsible, foi un non. Pero Wes Anderson conseguiu convertir agora nun filme o seu apego por este xornalismo de antes.

Tamén nesta longametraxe, o cineasta conta cun reparto de super estrelas: Frances McDormand, Bill Murray, Léa Seydoux, Benicio del Toro, Tilda Swinton, Adrien Brody, Timothée Chalamet, Owen Wilson, Willem Dafoe, Steve Park, Mathieu Amalric... Tan grande é o casting que o director pode permitirse utilizar a Elizabeth Moss como figurante.

O filme estrutúrase en catro capítulos, cunha introdución, tres historias e un epílogo final que non teñen unha relación estreita entre sí. Cada sección corresponde a unha crónica do semanario. Das distintas reportaxes, quizáis a máis atractiva resulta ser a do pintor vanguardista homicida (Benicio del Toro) que ten a súa garda penal (Léa Seydoux) como musa. El chegou a ser famoso só por un cadro. Coa súa gran e última obra (un fresco dende a cárcere) rematará burlándose dos magnates da pintura.

La crónica francesa non é só un acto de amor, sen dúbida idealista, sobre unha época e unha forma de entender o xornalismo. É unha enorme homenaxe aos fetiches xa reflectidos noutros filme polo director. Jacques Tati, a Nouvelle Vague, o Modernismo, os comics de Tintín, a comida sofisticada, a redacción do xornal como se fora unha familia... Estos, e moitos mais elementos, súmanse nun xogo constante de cambio de formato, de imaxes conxeladas e fotografías en branco e negro, ata chegar á animación, e coa palabra case sempre presente.

No seu conxunto o filme resulta ser, no ben e no mal, un Wes Anderson elevado ao cuadrado.

Te puede interesar