DOG publica o proxecto supramunicipal do parque megalítico Costa da Morte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque Megalítico da Costa da Morte.

Este proxecto, en que se investirán preto de catro millóns de euros en varias anualidades, engloba 15 enclaves megalíticos pertencentes a oito municipios da zona, 'identificados na actualidade entre os de maior monumentalidade desta área xeográfica', informou a Xunta nun comunicado.

O obxectivo é garantir a conservación e valorización desa manifestación cultural nas bisbarras afectadas.

A iniciativa permitirá a creación de infraestruturas e actuacións de índole arqueolóxica e arquitectónica sobre cámaras megalíticas, para promover os seus valores culturais, a protección e conservación destas manifestacións e contribuír ao desenvolvemento local e á ordenación do territorio, así como ao desenvolvemento sustentábel da zona.

A Xunta resalta que este Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte será un dos catro grandes centros da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico, canda os de Arte Rupestre de Campo Lameiro, recentemente aberto ao público, o de Cultura Castrexa de San Cibrao de Las e o do Mundo Romano de Lugo.

Te puede interesar