O Festival Mozart pon á venda este mércores novos abonos para a súa programación deste ano

O Festival Mozart pon á venda dende este mércores, día 6, novos abonos para os ciclos de espectáculos programados na súa edición de 2011 no Pazo da Ópera de A Coruña e no Teatro Colón Caixa Galicia, segundo informa a organización.
Ata o próximo día 13 de abril pódense adquirir os abonos nas oficinas do Pazo da Ópera, así como no servizo de venda de entradas de Novacaixagalicia.

O abono do Pazo da Ópera inclúe o ballet 'O lago dos cisnes', a ópera en versión semi escénica 'A clemenza di Tito', o concerto participativo 'Carmina Burana', a gala lírica 'Caro Verdi' e o concerto dedicado ao oratorio 'Paulus', de Mendelssohn.

Pola súa banda, o abono do Teatro Colón inclúe a ópera barroca en concerto 'Sesostri, re d 'Egitto', o espectáculo-concerto do grupo Le Baroque Nomade co Codex Caionis, así como os concertos da Orquestra de Mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), do Grupo Instrumental Século XX e o da OSG Jazz Band.

Te puede interesar