O convenio tamén contempla a mellora das instacións auxiliares de ambos terreos deportivos
O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aprobou este xoves un Convenio no que dotarán aos campos de Vilar de Astrés e Seixalbo de herba sintética.
O Convenio, asinado entre a Real Federación Galega de Fútbol e o Consello Municipal de Deportes, céntrase tamén na mellora das instalacións auxiliares de ambos campos.
No canto ao terreo de Seixalbo, de titulariedade privada, aprobouse o compromiso de realizar os trámites oportunos para executar as melloras do campo.