DEPORTE

Ruta dos Castros: 16 kilómetros de historia

Cun percorrido de 16 quilómetros, partirá ás 09,00 horas da Lucenza e rematará en San Millán

O Concello de Cualedro ten todo preparado para celebrar o próximo domingo a oitava edición da "Ruta dos Castros", unha andaina pola historia do municipio  través dos lugares máis emblemáticos da zona. A presentación desta actividade tivo lugar onte no Pazo Provincial, nun acto no que estiveron presentes o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Cualedro, Luciano Ribero; A presidenta da Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, Amaya Álvarez, e o colaborador da andaina Eduardo Castro.

Este evento discorre polos los lugares máis emblemáticos do patrimonio histórico e cultural de Cualedro, como o cruceiro de Lucenza, a capela de Santa Marta, a mámoa do Madorriño, o castro de Saceda, a Fonte da Ola ou o castro de San Millán, resaltando e divulgando a historia de Cualedro a través dun evento "que aúna deporte, saúde e cultura", segundo sinalou Rosendo Fernández.

A ruta comezará ás 09,00 horas na Lucenza e rematará en San Millán-escola, logo de percorrer 16 quilómetros "de camiños de terra, fundamentalmente, que converten a esta andaina nun paseo familiar de baixa dificultade", dixo Amaia Álvarez. Pola súa parte, o alcalde indicou que a ruta pretende dar a coñecer os recursos turísticos de Cualedro. A participación é gratuíta e os interesados poden apuntarse ata o mesmo día da proba.

Te puede interesar