Galicia disputará un amigábel contra Australia no día 6 de xaneiro en Chapela

A selección de Australia, rival de España na primeira fase de grupos do XXIII Campionato do Mundo de balonmán que se desenvolverá de 11 a 27 de xaneiro, disputará no vindeiro domingo 6, a partir das sete da tarde, un encontro amigábel contra Galicia na localidade pontevedresa de Redondela.
Australia, que logrou a clasificación para o Mundial nas eliminatorias de Oceanía, debutará no torneo no sábado 12 contra Croacia ás 16.45 horas. No luns 14 de xaneiro medirase a Hungría e no día seguinte terá que se enfrontar á selección española.

O seleccionador galego de balonmán, Fran Teixeira, convocou para este encontro os porteiros Javi Díaz (Villa de Aranda) e Rodrigo Corrales (Huesca); os extremos Suso Soliño (BM Cangas), Cerillo (Academia Octavio), Roberto Sánchez (Chapela), Ramón Martínez (Atlético Novás); os centrais Pablo Cacheda (Academia Octavio) e David García (BM Cangas); os pivotes Víctor Frade (Academia Octavio), Diego Piñeiro (Ademar León); e os laterais Rafa Dasilva (Academia Octavio), Pousada (BM Cangas), Víctor Rodríguez (Seis do Nadal), Adrián Rosales (Cangas).

Te puede interesar