Cada galego gasta un 5% menos que os cidadans do resto do Estado

O gasto medio en consumo de cada galego situouse en 10.797 euros en 2009, o que representa un 1,94% menos que o ano anterior e sitúa a Galicia no 95% do gasto que fai de media cada español, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
O gasto medio en consumo de cada fogar español alcanzou os 30.411 euros en 2009, o que supón un descenso do 4,8% respecto a 2008, mentres que o gasto medio por persoa ascendeu a 11.365 euros anuais, un 3,7% menos, segundo a Enquisa de Presupostos Familiares. En total, o gasto en consumo dos fogares caeu un 3% en 2009.

Eliminando os efectos da inflación, a variación interanual do gasto medio de consumo por fogar foi unha 5,1% inferior á de 2008, mentres que o gasto medio por persoa se reduciu un 4% e o gasto total en consumo baixou un 3,3%.

Segundo o INE, os fogares españois destinaron 8.951 euros do total do seu presuposto a gastos relacionados coa vivenda, acaparando esta o 29,4% do presuposto familiar.

Te puede interesar