A compra de vivenda caeu un 16,7% en Galicia en novembro

A compravenda de vivendas caeu un 16,7% en Galicia en novembro do ano pasado, en relación co mesmo mes de ano anterior, ata as 1.709 operacións, segundo os datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
As vendas neste sector continúan caendo, tras reducirse un 20% en outubro e un 7,7% en setembro na comunidade. En toda España, o descenso foi en novembro do 6,2%, ata un total de 32.746 operacións. Del total de operacións, o 51,3% realizáronse sobre vivendas usadas e o 48,7% sobre inmobles novos.

En Galicia, o 91,3% das vivendas transmitidas por compravenda son libres, que caeron un 18%. O total de vivendas transmitidas por algunha das diferentes vías en novembro ascendeu a 3.243, o que supón unha redución do 0,65% en relación co mesmo mes de 2009. Por doazón, cambiaron de dono 32 vivendas (un 38,5% menos); por permuta foron 54 (un 28,9% menos); por herdanza outras 454 (un 4,6% menos) e por outras vías, 994.

En todo o Estado, cos datos de novembro de 2010, as operacións de compravenda de vivendas en taxa interanual moderaron a súa caída no undécimo mes do ano pasado, xa que en outubro baixaran un 17,7%. Con novembro, xa son tres os meses consecutivos nos que se reducen as compravendas de vivendas.

Te puede interesar