INCREMENTO DEL 49,1%

Galicia, a comunidade que máis aumentou as exportacións en decembro

Galicia foi en decembro a comunidade coa maior contribución positiva á taxa de variación interanual das exportacións, con 10 por cento do total español e un incremento de 49,1 por cento.

No referente ás importacións, tamén figura no primeiro lugar na  contribución negativa de maior magnitude, -1,9 por cento, 5,2 por  cento das importacións totais, que retrocederon na Comunidade 26 por  cento interanual.

Alén diso, na desagregación por provincias, A Coruña reflicte a  maior contribución á taxa interanual, con 2,4 por cento, 5,7 por  cento das exportacións totais e un incremento interanual de 70,3 por  cento.

O comercio exterior galego presenta en 2013 un saldo positivo de  4.066,5 millóns de euros, cunha variación de 142,9 por cento,  mentres que o conxunto de España rexistrou un saldo negativo de  15.955,4 millóns, 48,1 por cento máis que en 2012.

Galicia exportou no ano pasado por valor de 18.419,6 millóns de  euros, 7,9 por cento do total, cun incremento sobre o ano anterior  de 11,7 por cento, e importou por 14.353,1 millóns, 5,7 por cento do  total e unha variación de -3,2 por cento.


Estes datos anuais, e por provincias, son recollidas no seguinte  cadro:


Exportacións Importacións

Millóns % Total Var. Millóns % Total Var.

Galicia 18.419,6 7,9 11,7 14.353,1 5,7 -3,2

A Coruña 8.403,0 3,6 6,2 7.638,4 3,1 -8,3

Lugo 822,6 0,4 -8,5 915,0 0,4 -11,4

Ourense 756,9 0,3 6,4 378,5 0,2 -13,7

Pontevedra 8.437,2 3,6 20,9 5.421,2 2,2 8,0

Así, todas as provincias, salvo Lugo, obteñen un saldo positivo  entre exportacións e importacións, como se recolle no seguinte  cadro:


Millóns Variación 2013-2012


Galicia 4.065,5 142,9

A Coruña 764,6 280,9

Lugo -92,5 31,3

Ourense 378,4 38,8

Pontevedra 3.015,9 54,0

As manufacturas de consumo supuxeron o sector con maior volume de  exportacións, de 4.377,4 millóns, 23,8 por cento do total galego,  8,7 por cento máis que no ano anterior; e unhas importacións de  2.102,4, 14,6 por cento do total, 3,1 por cento máis e un saldo  favorable de 2.274,9 millóns de euros.

Ségueo o automóbil, con exportacións por 3.965,8 millóns, 21,5  por cento do total e un incremento de 26,8 por cento; mentres que as  importacións neste sector foron de 2.177,1 millóns, 15,2 por cento  do total galego, un incremento de 17,7 por cento e un saldo positivo  de 1.788,7 millóns.

En terceiro lugar sitúanse os bens de equipo, con 2.897,4 millóns  en exportacións, 15,7 por cento do total e un incremento de 18,3 por  cento, mentres que as importacións foron de 1.126,0 millóns, 7,8 por  cento, unha variación negativa, de -12,4 por cento, e un saldo  positivo de 1.771,4 millóns de euros.

Te puede interesar