Galicia, a segunda comunidade en que máis se reduciron as hipotecas

Galicia é, despois de Aragón, a segunda comunidade autónoma en que máis se reduciu o número de hipotecas en xaneiro, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

O número de hipotecas constituídas por cada 100.000 habitantes situouse en Galicia en 103, cunha variación interanual de -49,2 por cento, un caída só maior en Aragón, onde foi de 61 por cento.

No conxunto de España, as hipotecas constituídas foron 126, cun descenso de 37,1 por cento.

Todas as comunidades autónomas constituíron menos hipotecas e a que o fixo en menor medida foi Navarra, onde descenderon só en 1,5 por cento.

Así, no mes de xaneiro constituíronse en Galicia 2.374 hipotecas, cun capital total de 208,6 millóns de euros, que corresponderon a 2.197 a propiedades urbanas e 177, rurais.

Te puede interesar